viernes, 3 de agosto de 2007

E REMATANDO COS ADOLESCENTES...



Despois de dúas semanas en contacto coa mocidade de Salceda de Caselas, hoxe puxémolles o punto e final a unha moi boa experiencia cos rapaces.
Durante este tempo estivemos a dinamización tecnolóxica estivo centrada na práctica da mensaxería instantánea, na mellora do manexo do teclado, na creación dun blog persoal e na realización de diversos xogos on-line, unha das cousas que máis lles gusta.
O mellor blog, o de Carla, foi agasallado cun pendrive e entre o resto dos rapaces (Sergio, Iván, José, Gabriel, Rodrigo e Fernando) sorteáronse pendrives e camisetas.
A continuación poño un enlace aos seus blogs para que os poidades visitar cando desexedes.

1 comentario:

Noelia Rafael Cabaleiro dijo...

Noraboa a tódolos rapaces!!!
Foi unha pena que non coincidiran estes rapaces cos de Mos para facer os blogs!!
Esperemos que a partir de setembro poidamos colaborar!!!!
Un saudo