jueves, 24 de mayo de 2007

CADEAS DE 100 NOMES PROPIOS EN GALEGO: NOMES PROPIOS EN GALEGO RECOLLIDOS NA FESTIVIDADE DO 17 DE MAIO

A actividade realizada co gallo do Día das Letras Galegas, Día de Internet e Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información en Salceda de Caselas co fin de recoller o maior número de nomes propios en galego tivo como resultado a seguinte relación de nomes propios:

NOMES PROPIOS PARA NENAS: Antía, Ánxela, Branca, Carme, Catuxa, Dores, Erea, Icia,Iria, Ione, Ledicia, Mariña, Olalla, Sabela, Tareixa, Tegra, Uxía, Virxinia, Xema, Xiana, Xonxa e Xosefa.

NOMES PROPIOS PARA NENOS: Aleixo, Antón, Anxo, Bieito, Brais, Breixo, Breogán, Cibrán, Flavio, Fuco, Lois, Martiño, Nicolau, Paio, Roi, Telmo, Uxío, Xabier, Xacobe, Xan, Xesús, Xian, Xoel, Xosé e Xurxo.

5 comentarios:

Andrea Pino dijo...

Que bonitiños que son os nomes en galego e que bonita é a foto que tes no post.
Sinceiramente, a túa actividade foi a que máis me gustou de todas; pareceume moi sinxela e moi curriña.

Un bico rula, non traballes moito

Anónimo dijo...

Gracias Andrea. Comentarios como os teus son os que fan que unha se anime a seguir intentando facer un bo blog.

Anónimo dijo...

Estou dacordo con Andrea, noraboa pola túa actividade, así aprendemos algún nome en galego que ben bonitos que son.

Anónimo dijo...

Ola!! gustoume moito a actividade!
Un bico

Marta Vázquez Ledo dijo...

Bonito nome Ione, non o coñecía. En rapaces teño debilidade por Breogán. Que fermoso nome!!
A ver se a xente se anima con esta gran iniciativa a poñer nomes galegos.