lunes, 16 de abril de 2007

SEGUNDO OBRADOIRO DE INICIACIÓN A INTERNET

O vindeiro día 17 poremos fin ao segundo Obradoiro de Iniciación a Internet que se está a desenvolver no CDL de O Torrón. Nesta ocasión a maior parte dos participantes son xubilados do Concello de Salceda de Caselas os que acudiron durante 15 horas á cadea de obradoiros relacionados con internet: buscadores, comercio electrónico e mensaxería instantánea.
Esperando que as súas necesidades formativas estean cumpridas, a partires de agora poderán acudir libremente ao Telecentro cando así o desexen.
Na foto podemos ver ás persoas que asistiron á sesión celebrada o pasado día 12 de abril: Alfonso, Leticia (Dinamizadora da SI), Maximino, Mª Dolores, Julio e Placer. Por diversos motivos, ese día non poidemos contar coa presencia de Amelia, Andrés e Carlos; que non están presentes na fotografía, pero que non nos esquecemos deles.

2 comentarios:

Noelia Rafael Cabaleiro dijo...

Noraboa a tódolos asistentes polo obradoiro e tamén a dinamizadora, que ben o pasades ehhh

DINAMIZADORA DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN dijo...

Moitas gracias Noelia. Tivemos unha moi doce despedida, a ver se en vindeiros días colgo as fotos.