Debido a grande acollida que están a ter os diversos obradoiros de alfabetización dixital que se están a r
ealizar dende o pasado mes de marzo no Concello de Salceda de Caselas, durante os meses de xuño, xullo e setembro continuarase coa súa realización en horario de mañá.
Ofértanse gran variedade de obradoiros: Manexo de teclado e do rato, iniciación á informática, iniciación a word, manexo de internet, creación dunha conta de correo electrónico e iniciación a excel. A tónica xeral é que as persoas se anotan ao primeiro obradoiro e repiten ata completar todos os ofertados, polo que existe unha gran lista de espera.
Durante este mes comezarán novos obradoiros de iniciación a informática, iniciación a word e creación dunha conta de correo electrónico, polo que as persoas interesadas poden obter máis información na OMIX ou no enderezo leticia.salceda@dinamiza.sociedadedainformacion.eu.
martes, 10 de junio de 2008
jueves, 29 de mayo de 2008
O pasado 26 de maio ás 18:30 horas celebrouse un sorteo público entre as 22 poesías participantes de 10 lotes de agasallos compostos por distintos obxectos (pendrives, camisetas, porta cds, libros, CDs, alfombrillas para ratos, etc).
- Francisco Javier Rey González.
- Aarón Mariño Domínguez.
- Gabino González Lourenço.
- Miguel Ángel do Reis Pérez.
- Hugo Fernández Oliveira.
- Adrián Mariño Domínguez.
- Ayla Barros Boente.
- Zaida González Bargiela.
- Uxía Barros Boente.
- Sara Caballero González.
jueves, 15 de mayo de 2008
e Salceda de Caselas e mancomun.org (Centro de Referencia e Servizos de Software Libre) pon en marcha un novo curso de construción de páxinas web co programa libre Nvu.O curso desenvolverase desde o próximo 2 de xuño até o 27 do mesmo mes, de luns a venres en horario de tarde (19:00 a 21:00) no Centro Neural do Porriño.
Con esta nova convocatoria formativa preténdese achegar ao emprego desta ferramenta libre, coma alternativa viábel ao uso de software privativo.
viernes, 9 de mayo de 2008
17 de maio.
Co fin de potenciar o uso do galego nas novas tecnoloxías da información e comunicación e para rendir unha homenaxe á figura do escritor Xosé Mª Álvarez Blázquez, xurde esta iniciativa que consiste en adaptar un poema do escritor homenaxeado este ano a unha mensaxe de texto do móbil.
A participación está aberta a toda a poboación do Concello de Salceda de Caselas. As persoas interesadas poderán recoller a folla de participación na OMIX, na Biblioteca Municipal ou ben descargala dende aquí.
O prazo límite para a entrega dos poemas adaptados a SMS remata o día 23 de maio. O día 26 do mesmo mes ás 18:30 horas sortearanse na Biblioteca Municipal 10 agasallos entre todas aquelas persoas participantes.
lunes, 5 de mayo de 2008
poden atopar apoio para a realización de pequenas tarefas que se executen nun tempo limitado.Non se trata de voluntariado en sentido estrito, senón de facer colaboracións puntuais que normalmente se resolven a través de Internet: rastrexo ou difución de información, traducións, elaboración de dípticos, etc. Este sistema permite que os voluntarios adapten o seu tempo da mellor forma posible e se adxudiquen eles mesmos/as as microtareas que mellor se adapten ao seu perfil.
jueves, 24 de abril de 2008
mento. Consiste en facer unha fotografía dixital, dalgún lugar do Concello de Teo e ilustrala cun pequeno texto escrito en galego, que pode estar en verso ou en prosa e que non pode superar as 50 palabras.A foto e o texto débense enviar ao seguinte enderezo de correo electrónico: concursoteo@gmail.com tendo como data límite o 23 de maio para entrar no sorteo dos premios.
Todas as fotos participantes formarán parte dun fotoblog na rede, no cal quedarán expostas a modo de galería para desfrute dos teenses e resto do mundo.
Así que, por se vos animades, deixo aquí o enlace onde se poden ver as bases. Espero que Marta ande moi atarefada estes días coa alta acollida que terá a iniciativa. Desexarlle moita sorte.
miércoles, 16 de abril de 2008
Os relatos premiados por categoría son os seguintes:
Categoría adultos:
1º Premio: Mans de Redeira.
2º Premio: Rosalía "A Maquila".
3º Premio: Un trono de diamante.
Categoría maiores:
1º Premio: Maruxa Mallo.
2º Premio: "A Pisca".
Categoría infantil:
1º Premio: María Antonia, Pereira do Campo (A Monxiña do Penedo).
Podedes ler os relatos participantes no concurso, así como ver o fallo do xurado, no blog creado para tal fin
http://igualdadenarede.blogspot.com/.
Dada a boa acollida da iniciativa, espero poder voltar a informarvos sobre próximas edicións o vindeiro ano.