
viernes, 28 de septiembre de 2007
viernes, 21 de septiembre de 2007
IV CIBERENCONTRO CONCELLO DE MUGARDOS - KERNEL
Dende hoxe, venres, ata o vindeiro domingo día 23 de setembro, na Casa da Cultura de Mugardos celébrase o IV Ciberencontro Concello de Mugardos-Kernel.
O evento terá relatorios de GNU/Linux, xogos, conferencias, lanzamento de hardware, churrascada, etc... Polo que aqueles que visitides a comarca do Ferrol durante estes días non desaproveitedes a oportunidade de dinamizarvos tecnolóxicamente neste Ciberencontro!!
martes, 11 de septiembre de 2007
XORNADAS DE SOFTWARE CEIBE NA USC
Os días 20 e 21 de setembro celebraranse en Santiago de Compostela, segundo información do Observatorio TIC, unhas Xornadas de Sofware Ceibe.

Estas xornadas naceron como un evento de referencia para a intercolaboración dos LUGs galegos, co obxectivo de intercambiar experiencias, presentar relatorios e obradoiros referentes ao Software Ceibe. Este ano, igual que o anterior, a temática principal versará sobre redes en GNU/Linux e outros sistemas Ceibes.
Podedes acceder a máis información pinchando aquí.
miércoles, 5 de septiembre de 2007
CURSO DE CREACIÓN E XESTIÓN DE BASES DE DATOS
O Concello do Porriño e o de Salceda de Caselas celebraremos conxuntamente dende o día 10 de setembro ata o 26 do mesmo mes en Colaboración coa Rede de Dinamización da
Sociedade da Información un curso de formación específica sobre a Creación e Xestión de Bases de Datos, cunha duración total de 40 horas.O curso será impartido en colaboración con Mancomun.org e celebrarase no Centro Neural do Centro Multiusos de Torneiros do Porriño en horario de 20:00 a 23:00 horas entre os días 10 e 26 deste mes.
O obxectivo que se pretende acadar é que as persoas asistentes adquiran coñecementos de nivel avanzado na creación e xestión de Bases de Datos co OppenOffice.org Base. Como ven a ser habitual dentro da Rede de Dinamización Tecnolóxica, farase especial fincapé no emprego do Software Libre como unha alternativa válida e eficaz ao software privativo.
lunes, 3 de septiembre de 2007
ENCONTRO INFORMÁTICO: GALAECIA.NET
Segundo informa a Estratexia Galega da Sociedade da Información, do 14 ao 16 de setembro organízase en Vilagarcía de Arousa a segunda edición da Galaecia.net . Baixo a coordinación da Asociación Sil
e o Concello de Vilagarcía este ano a 'party' inclúe por vez primeira obradoiros de formación, especialmente adicados ao software libre.
e o Concello de Vilagarcía este ano a 'party' inclúe por vez primeira obradoiros de formación, especialmente adicados ao software libre.En Galaecia.net podedes atopar tódala información referente aos obxectivos que se pretenden acadar, á programación e á forma de participar.
Cabe salientar que a participación e totalmente gratuíta, así que paga a pena achegarse ata Vilagarcía de Arousa para adquirir novos coñecemento e divertirse!!
lunes, 27 de agosto de 2007
DERRADEIRO OBRADOIRO INFANTIL
Despois de adicarlle todo o verán á realización de obradoiros de Dinamización Tecnolóxica para nenos e nenas do concello de Salceda de Caselas, podo dicir que o venres rematou o último obradoiro infantil da tempada estival.
Durante esta última semana os rapaces e rapazas de Salceda (Ayla, Noel, Edgar, Lara, José, Almu e Cris) estiveron aprendendo a empregar a mensaxería instantánea, participaron no seu propio blog (http://internetnotorron.blogspot.com/) e, como non, xogaron aos seus xogos preferidos.
En vindeiros días irei publicando máis novas sobre os seguintes cursos ou obradoiros a realizar. Iso si, esta vez irán destinados aos adultos.
lunes, 20 de agosto de 2007
CONCESIÓN DE AXUDAS PARA ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO
O pasado mes de marzo varias entidades sen ánimo de lucro do Concello de Salceda de Caselas solicitaron unha axuda da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual para a adquisición de equipamento audiovisual e multimedia e para a creación de medios de información electrónica; pois ben, hoxe saío no DOGA a resolución e compráceme anunciar que son varias as asociacións deste concello que sairán beneficiadas con esta axuda.
Foi unha tarefa máis dentro da rede de dinamización tecnolóxica proporcionar información no seu momento sobre esta subvención e axudar a cumplimentar e a subsanar os posibles erros sobre a mesma, polo que satisfáceme comunicar que as axudas concedidas son as seguintes:
PARA ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTO AUDIOVISUAL E MULTIMEDIA (modalidade A):
- Asoc. de Xóvenes a Turonia: 500€
- Club escolas deportivas municipais: 500€
- Asoc. de mulleres rurais Caselas: 400€
PARA A CREACIÓN DE MEDIOS DE INFORMACIÓN ELECTRÓNICA (modalidade B):
- Agrupación cultural Xunco: 400€
- Asoc. Xóvenes a Turonia: 400€
Suscribirse a:
Entradas (Atom)